InicioCentralBurelaBurela instala sete novos equipos de medición na rede de abastecemento de...

Burela instala sete novos equipos de medición na rede de abastecemento de auga

"É desas obras que non se ven, que parece que non están pero evidentemente fan unha función importantísima e estamos moi contentos de que esta obra saíra adiante”, declarou o concelleiro de Obras, Fernández Rey.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela ven de instalar sete equipos de medición na rede de abastecemento de auga que permitirán localizar avarías ou posibles fugas en pouco tempo. O investimento ascende a 40.000 euros, dos que o 75% proceden da Xunta de Galicia e o resto do Concello burelés. O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey, subliñan a importancia destes traballos para o control do consumo no municipio.

O edil de Obras declarou que “desde a Delegación de Obras queremos anunciar que durante estes días esperamos acabar unha obra que consideramos moi importante. É desas obras que non se ven, que parece que non están pero evidentemente fan unha función importantísima e estamos moi contentos de que esta obra saíra adiante”.

Ramiro Fernández explicou que “esta obra supuxo unha inversión de 40.000 euros dos que foi subvencionado o 75% polo Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia, mediante unha subvención, e o Concello tivo que poñer practicamente 10.000 euros”.

A obra consiste en colocar sete equipos de medición para conseguir que eses equipos intelixentes dan en tempo real os consumos que pasan por eles en cada momento. Así poderase localizar calquera posible avaría ou fuga na rede nun tempo moito menor do establecido por agora.

O concelleiro burelés subliñou que “a rede de Burela é moi eficiente, unha das máis eficientes de Galicia, pero penso que con este paso e localizando as avarías e as posibles fugas con moita máis antelación imos conseguir que o rendemento de augas sexa moito mellor”.

Os sete equipos colocáronse sectorizando todas as zonas de Burela, desde Vilar e Pomeda ata a zona do Cantiño. Tamén se colocou un contador xeral na entrada de Burela, na auga que vén desde A Senra, para ter un maior control sobre a auga que se consome e evitar pagar por unha posible fuga que houbera entre A Senra e a entrada de auga en Burela.

Fernández Rey engadiu que “é unha obra que non se ve, pero que é importantísima e que tal e como está o tema medioambiental no tema da auga que parece que é un ben inesgotable, pero que cada vez vemos que hai máis falta de auga en todo o mundo”.

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, declarou que “é un tema importantísimo para o presente xa pero para o futuro aínda máis de ter controlado o consumo da auga que vai ser un recurso moi demandado, moi necesario e non vai ser tremendamente abundante“. Desta maneira, Llano convida a pensar en facer cousas xa agora para o futuro.

Agora mesmo, “xa pensando mesmo na coherencia ou no propósito que ten o Concello de Burela, que non é outro que acadar os obxectivos marcados pola ONU con respecto ao 2030 que estamos metidos como Concello polo clima e pola enerxía”.

ÚLTIMAS

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...

O Concello de Viveiro leva aos institutos as actividades do 25N

A programación do Concello de Viveiro con motivo do 25N, o Día Internacional da...

Burela informará o venres á hostalaría local sobre o a implantación do contedor marrón

O Concello de Burela está a preparar a implantación do contedor marrón de...

O Concello de Burela tratará no pleno ordinario a aprobación dunha nova ordenanza de tráfico

O Concello de Burela celebra mañá, xoves día 30 de novembro, un novo pleno...