InicioCentralBurelaFeira do comercio xusto en Burela

Feira do comercio xusto en Burela

A concelleira de Cooperación, Noelia Mª Ben, agradece tamén a participación da Cruz Vermella “que fixo entrega de bolsas de tea para tentar concienciar á poboación da necesidade de ir reducindo o plástico das nosas vidas polas repercusións negativas que ten para o medio ambiente”.

Publicada o

- Advertisement -

Ata ás sete da tarde deste venres celébrase na Praza da Mariña a feira Comercio Con Sentido, de produtos de comercio xusto, que organiza Solidariedade Internacional de Galicia coa colaboración do Concello de Burela.

Polo evento pasou esta mañá alumnado do IES Monte Castelo. Esta feira nace para sensibilizar á poboación sobre as desigualdades sociais que provoca o comercio internacional e achegar alternativas de consumo máis sostibles que respecten os dereitos humanos de todas.

A concelleira de Cooperación, Noelia Mª Ben, agradece tamén a participación da Cruz Vermella “que fixo entrega de bolsas de tea para tentar concienciar á poboación da necesidade de ir reducindo o plástico das nosas vidas polas repercusións negativas que ten para o medio ambiente”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...