InicioCentralBurelaBurela realiza obras de mellora nun acceso ao Hospital da Mariña

Burela realiza obras de mellora nun acceso ao Hospital da Mariña

O investimento ascendeu a 34.000 euros. O concelleiro de Obras, Ramiro Fernández, e o alcalde, Alfredo Llano, supervisaron os traballos.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello realizou obras de ampliación e mellora nun camiño que pasa por detrás do Hospital da Mariña, que é moi empregado pola veciñanza do Torno para a súa incorporación á variante de Burela. O investimento ascendeu a 34.000 euros. O concelleiro de Obras, Ramiro Fernández, e o alcalde, Alfredo Llano, supervisaron os traballos.

O concelleiro Ramiro Fernández subliñou que “ampliamos un camiño que pasa por encima do Hospital, que é moi usado pola xente, sobre todo da zona do Torno, como saída de Burela que se incorpora á variante”.

As obras consistiron en ampliar o camiño e canalizar a auga por medio de tubos, xa que estaba en cuneta. Aínda así, o Ramiro Fernández insistiu en que  “é unha obra pequena pero que vai beneficiar a moita xente porque era perigoso cando pasaban dous coches”.

O concelleiro de Obras engadiu que “a intención, en novas convocatorias desta axuda de camiños, é seguir traballando nese vieiro para actuar noutra zona que tamén é bastante estreita”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...