InicioCentralBurelaBurela terá un telescopio panorámico no Monte Castelo onde situará tamén un...

Burela terá un telescopio panorámico no Monte Castelo onde situará tamén un xardín botánico

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, declarou que "queremos unir o turismo a aquilo que sexa importante e que teñamos moito que ofrecer en Burela”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela vén de recibir unha subvención de 30.000 euros da Axencia de Turismo de Galicia que se destinará á instalación dun telescopio panorámico no Monte Castelo, onde tamén se creará un xardín botánico. Tamén se realizará a ampliación da ruta circular de sendeirismo, a creación dunha área recreativa na Vila do Medio e á protección de pomares en Pomeda, entre outras actuacións.

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, contou que “imos tratar de facer un bo labor no atractivo turístico que mesture a información, o coñecemento e o medio ambiente. Queremos unir o turismo a aquilo que sexa importante e que teñamos moito que ofrecer en Burela”.

O rexedor explicou que “na área recreativa do Monte Castelo vaise colocar un telescopio panorámico, que penso que vai ser un atractivo para toda a xente que pase por alí. Tamén se van colocar uns paneis informativos indicando todo o que hai fronte a ese miradoiro para que se dea información detallada“.

Por outra parte, Alfredo Llano informou sobre os traballos nunha área de Vila do Medio, onde hai unha fonte e un lavadoiro moi antigos. Esa zona será adaptada como unha área recreativa coa colocación de mesas e bancos. Llano destacou tamén a importancia da protección de diversos pomares na zona de Pomeda. “Alí hai un castiñeiro antigo e vaise actuar para darlle singularidade a esa zona e que sexa coherente co nome de Pomares de Pomeda, polo tanto é recuperar un pouco o que xa existía”.

O alcalde burelés destacou a presenza nesa área dun muíño que “no seu día se vai recuperar, vaise facilitar un roteiro de sendeirismo que vai discorrer pola ruta circular ou polo novo camiño que vamos abrir e que vai parar a Vilar e despois a xente pode distribuírse cara á Marosa ou cara a vila”.

Alfredo Llano engadiu que “imos establecer mecanismos para aumentar as posibilidades do sendeirismo co que se vai facilitar que veña moita xente a practicar este deporte”. Para isto buscarase darlle unha dimensión grande ao Monte Castelo na área recreativa co telescopio máis o xardín botánico que se vai crear dada a diversidade de flora.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...