InicioCentralBurelaBurela estará na Feira Xantar en Ourense o vindeiro sábado

Burela estará na Feira Xantar en Ourense o vindeiro sábado

O Concello porá un autobús con 48 prazas dispoñibles, para que os veciños e veciñas de Burela que o venres se queiran desprazar ata Xantar o poidan facer. Para poder viaxar deben inscribirse no Concello.

Publicada o

- Advertisement -

Burela estará presente na feira de turismo gastronómico Xantar, que terá lugar en Ourense desde mañá, mércores. O venres o alcalde participará nun acto con motivo da celebración do día do mar e haberá unha degustación gastronómica. O Concello porá un autobús con 48 prazas dispoñibles, para que os veciños e veciñas de Burela que o venres se queiran desprazar ata Xantar o poidan facer. Para poder viaxar deben inscribirse no Concello.

O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, anunciou que “a partir do mércores o Concello de Burela vai estar presente na feira de turismo gastronómico Xantar en Ourense”. Como todos os anos, Burela terá o seu stand para promoción, ademais este ano tamén se incorpora a colaboración de Conservas Faro de Burela, que vai exporán parte dos seus produtos ademais de organizar unha degustación relacionada co mar.

As persoas que estean interesadas en asistir poden dirixirse ao Concello e apuntarse para poder ter unha praza nese autobús limitado a 48 prazas. Entregarase unha invitación para entrar á feira. Fernández lembrou que “a última vez que foron a xente volveu contenta e nós tamén contentos de que a xente estea en Ourense”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...