InicioCentralBurelaBurela concede á ACIA local unha subvención nominativa por 10.000 para este...

Burela concede á ACIA local unha subvención nominativa por 10.000 para este 2021

O alcalde, Alfredo Llano, asegurou que se tentará facer o acendido da iluminación do Nadal o 3 de decembro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela concedeulle unha subvención nominativa de 10.000 euros a Acia Burela para este 2021. O convenio entre ambas partes foi asinado nas últimas horas. O alcalde burelés, Alfredo Llano, subliñou que o Concello programará diversas actividades durante o Nadal para a dinamización económica da localidade e que o 3 de decembro procederase ao acendido da iluminación decorativa desas datas.

O rexedor contou que “asinamos o convenio coa asociación de comerciantes e industriais de Burela co propósito de concederlles unha subvención nominativa de 10.000 euros para este ano. Tamén estivemos falando dos temas que preocupan e como vemos o futuro de todo o que é o comercio e a situación económica e social”.

Alfredo Llano explicou que “a subvención nominativa é unha fórmula de axuda para que eles poidan, coas súas iniciativas, facer aquilo que poidan sempre mellorando o comercio, a industria e todo o que leve consigo o movemento socioeconómico para o noso concello”.

O alcalde anunciou que o Concello vai programar actividades lúdicas para que sexa tamén atractivo “non soamente para a xente do noso concello senón tamén para os visitantes que poidamos ter”. Llano asegurou que se tentará facer o acendido da iluminación do Nadal o 3 de decembro.

Llano adiantou que “imos facer unha reunión sobre o 15 de novembro para programar conxuntamente todo aquilo que vexamos que é bo para o comercio, para a xente e para a veciñanza de Burela”.

XANTAR 2021

O Concello de Burela está presente desde este pasado mércores en Xantar, en Ourense, onde mañá Alfredo Llano intervirá nun acto nese evento no que realizará unha defensa do sector náutico pesqueiro “para que se valore e se defenda en condicións”. En Xantar, mañá venres, terá lugar tamén unha degustación de bonito.

O rexedor dixo que “mañá temos un acto oficial organizado pola dirección do evento, onde faremos unha intervención para poñer en valor todo aquilo que nos parece interesante en cuestións gastronómicas”.

Alfredo Llano subliñou que “o que queremos, a través desta feira, é facer unha defensa total do sector náutico pesqueiro. Cremos que agora mesmo debemos estar aí todos empuxando para que este sector no noso concello”. Llano apuntou que a pesar de haber unha certa crise no sector, “debemos traballar todos para fortalecer e garantir esta actividade dunha forma constante, porque creo que somos un exemplo claro de como se pesca e de que a sostibilidade é unha constante nos nosos pescadores”.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...