InicioCentralBurelaConvenio de subvención do Concello de Burela ao Club de Atletismo local

Convenio de subvención do Concello de Burela ao Club de Atletismo local

É unha subvención nominativa por 1.900 euros.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela concedeulle unha subvención nominativa de 1.900 euros ao club de atletismo local para este 2021. O convenio entre ambas partes foi asinado nas últimas horas polo alcalde, Alfredo Llano, e polo presidente do Club Atletismo Burela, Pablo Mon.

O edil de Deportes, Ramiro Fernández Rey, dixo que “deste xeito queremos apoiar, tal e como nos comprometemos no seu día, a este club de recente creación, que tan bo traballo está a realizar na nosa vila”.

O concelleiro burelés subliñou que “demostramos estar ao lado dos clubs, traballando con eles cóbado con cóbado e intentando satisfacer as súas necesidades tanto a nivel de instalacións como axudándolles economicamente a saír adiante. Esta é unha maneira de recoñecerlles o gran esforzo que fan no día a día e colocando a Burela como un referente deportivo, como así nos recoñecen as distintas federacións”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...