InicioCentralBurelaO Grupo de Participación Adolescente de Burela levará adiante a celebración do...

O Grupo de Participación Adolescente de Burela levará adiante a celebración do Día da Infancia

Adolescentes e nenos e nenas están convidados o sábado a celebrar o seu día. A primeira hora da tarde percorrerán a vila.

Publicada o

- Advertisement -

Burela celebra o Día da Infancia o 20 de novembro da man do grupo de participación adolescente. Será a primeira actividade a desenvolver para darse a coñecer e reivindicar o seu desexo de formar parte activa da vila.

A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, sinala que “temos un grupo de case corenta rapaces e rapazas moi involucrados e con moitas ganas de axudar a mellorar a súa vila”. Para a concelleira será moi interesante escoitar a este grupo e telos en conta para tomar decisións que lles afectan directamente ademais de facer unha aprendizaxe recíproca.

Adolescentes e nenos e nenas están convidados o sábado a celebrar o seu día. A primeira hora da tarde percorrerán a vila. A denominada Mani-Festi-Acción será de 17 a 18 horas. Con saída da cafetería Vista Alegre e primeira parada no Campón con lectura de manifesto, a segunda parada a carón do Gadis e lectura de manifesto, a terceira parada na Praza do Concello e lectura de manifesto, a cuarta para no parque e tamén con lectura de manifesto e a última na Praza de Abastos con lectura de manifesto.

E xa a partir das 18 horas os asistentes participarán en obradoiros de chapas e pulseiras, de manualidades e de xogos tradicionais xunto coas monitoras do Concello destinados aos máis pequenos na Praza de Abastos

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...