InicioCentralBurelaNovo vídeo marcador para o pavillón de Vista Alegre en Burela

Novo vídeo marcador para o pavillón de Vista Alegre en Burela

O equipo de goberno burelés xa traballa no cambio de pista, que prevé realizar para o vindeiro ano 2022.

Publicada o

- Advertisement -

O pavillón Vista Alegre de Burela estreou novo vídeo marcador a pasada fin de semana. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, agradece a subvención concedida pola Secretaría Xeral para o Deporte e o traballo realizado por Manuel Otero, xefe provincial de Deportes. O edil asegura que con este vídeo marcador e a nova iluminación Vista Alegre dá un salto de calidade. Por outra parte, o equipo de goberno xa traballa no cambio de pista, que prevé realizar para o vindeiro ano 2022.

Ramiro Fernández Rey dixo que “é un vídeo marcador de última xeración que nos dá múltiples opcións para levar tanto os tanteos como as faltas e todo aquilo relativo co xogo dos diferentes deportes”.

O concelleiro burelés subliñou que se lle debe agradecer neste caso á Secretaría Xeral para o Deporte, que concedeu unha subvención do 80% do prezo do marcador que ascendía a 25.803,71 euros. A Secretaría Xeral para o Deportes subvencionou con 20.000 euros e os 5.803,71 restantes foron a cargo do Concello de Burela.

Ramiro Fernández agradeceu especialmente a colaboración do xefe de Deportes de Lugo, Manolo Otero Cadramón, de quen Fernández sinalou que se fixou en Burela “penso que obxectivamente pola transcendencia que ten sobre todo o fútbol sala aquí”.  Así mesmo, o concelleiro de Deportes sinalou que a colaboración tanto persoal como institucional está sendo boa.

O vídeo marcador estreouse a pasada fin de semana cos partidos do Burela FS e o domingo cun campionato de baloncesto. Xogaron as seleccións cadete como infantil feminina e masculina das federacións galega e asturiana, que servía para a preparación do campionato de España.

Fernández lembrou que durante eses encontros o alcalde, Alfredo Llano, recordou á federación asturiana e á federación galega que “desde Burela prestámonos a acoller todos aqueles campionatos que vexan conveniente poder celebrar, porque ofrecemos tanto as instalacións como o apoio tanto ao Club Baloncesto Burela como ás distintas federacións para que poidan celebrar aquí campionatos”.

Fernández Rey anunciou que “estamos traballando para facer un cambio de pista no pavillón Vista Alegre que esperemos poidamos facelo ao longo do ano que vén”. Por último, Fernández destacou o salto de calidade no pavillón Vista Alegre coas últimas accións levadas adiante nel.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...