InicioCentralBurelaConcentración nas portas do Concello de Burela con motivo do 25N

Concentración nas portas do Concello de Burela con motivo do 25N

Durante a concentración fixo lectura dun comunicado en relación co Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Publicada o

- Advertisement -

Burela celebrou o 25N cunha concentración ás portas do Concello. Alí a edil de Muller e Igualdade, Noelia Mª Ben, deu lectura ao manifesto conmemorativo desta data.

Ademais o salón de plenos acolleu a entrega de premios aos gañadores co XIV Concurso de Microrelatos contra a violencia de xénero. O de adultos foise para Ames. O gañador recibirá como premio 300 euros.

E a categoría de menores de 18 anos quedou en Burela. A vencedora levou un premio de 150 euros, que recibiu de man do alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Muller e Igualdade, Noelia Mª Ben.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...