InicioCentralBurelaAxudas para familias burelesas afectadas pola crise económica da COVID

Axudas para familias burelesas afectadas pola crise económica da COVID

A partida para este capítulo será de 26.000 euros. As bases recollen ademais que se solicite a axuda canto antes xa que se outorgarán por orde de chegada ata esgotar o crédito.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela concede axudas para familias empadroadas no termo municipal afectadas pola crise económica provocada pola covid-19. A partida destinada a este fin ascende a 26.000 euros.

Entre os requisitos para poder solicitalas figura que os ingresos máximos por unidade familiar non poderán superar os límites establecidos nas bases. Por exemplo, para unha familia de catro membros, o límite de ingresos anuais totais será de ata 23.725,80 euros (2×175% do IPREM).

As bases recollen ademais que se solicite a axuda canto antes, cubrindo e rexistrando o modelo de solicitude xunto coa documentación requirida, xa que se outorgarán por orde de chegada ata esgotar o crédito orzamentario destinado ás mesmas.

O modelo pódese descargar na páxina web do Concello, redes sociais ou solicitalo no propio Concello. A cantidade máxima por unidade familiar será de 1.129,80 euros. Os conceptos subvencionables serán facturas de luz, auga, gas, comunidade de veciños, material escolar, transporte, aluguer, hipoteca, reparacións básicas urxentes, alimentos de primeira necesidade, con data dende o 11 de marzo de 2020. Xunto coa solicitude deberán rexistrarse as facturas e o xustificante de pago.

As persoas interesadas poden pedir máis información sobre o procedemento no teléfono 982 82 62 66 en horario de 8:00 a 15:00.

A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, explicou que “son axudas que pretenden chegar a familias que sufriron moi directamente a crise económica motivada pola covid-19, dende o 11 de marzo de 2020, ben por perder o seu emprego, verse afectado por un ERTE ou un ERE ou por outras circunstancias. Estas axudas subvencionan facturas de alugueiro, hipoteca, luz, auga, gas ou bens de primeira necesidade”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...