InicioCentralBurelaO Concello de Burela instalará unha carpa na Praza da Mariña para...

O Concello de Burela instalará unha carpa na Praza da Mariña para animar o Nadal aos máis pequenos

O horario será de once a dúas pola mañá e de cinco a nove pola tarde. As actividades dentro da carpa, que estará ata o 9 de xaneiro, serán gratuítas.

Publicada o

- Advertisement -

A Concellería de Cultura presentou as actividades de Nadal. Do 22 de decembro ao 9 de xaneiro estará instalada unha carpa na praza da Mariña na que haberá diversas propostas para os máis pequenos. Ademais o 28 de decembro terá lugar o musical infantil Es Navidad! e o día 30 percorrerá as rúas da localidade a charanga NBA.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que esta carpa “vai acoller actividades e diferentes xogos e a xente poderá apuntarse para pasar alí a mañá ou a tarde, ou mercar o bono completo para todos os días destas festas de Nadal”. O horario será de once a dúas pola mañá e de cinco a nove pola tarde.

Haberá actividades gratuíta dentro da carpa enfocada aos nenos. O día 27 haberá un obradoiro de Nadal, impartido por Gaia, de once a dúas da tarde, e un contacontos ese mesmo día ás cinco da tarde titulado Abetiño soñaba co Nadal con Sergio Rivas. As actividades dentro da carpa, que estará ata o 9 de xaneiro, serán gratuítas. “O día 22 será a entrada gratuíta para todos os nenos e nenas durante toda a tarde de catro a nove”.

O edil burelés contou que “ademais da carpa estivemos intentando instalar atraccións na praza do Concello pero está custando un pouco porque os responsables das atraccións non acaban de decidirse porque non saben como evolucionará a pandemia. Entón confirmaremos nos próximos días si imos poder facer algo alí”.

José Díaz sinalou que “o xoves 23 temos unha charla coloquio moi interesante de once a unha da tarde e correrá a cargo dos olímpicos Ana Peleteiro e o viveirense Adrián Ben, que falarán da obesidade infantil e o deporte infantil”. A entrada é gratuíta.

Tamén ese xoves haberá unha obra de teatro para os máis pequenos coa compañía Mircromina, que presentan o espectáculo de títeres Historia para unha man. Será ás seis da tarde no auditorio. Esta representación ven a través da Deputación Provincial do ciclo Monicreques.

O día 28 temos o musical infantil Es Navidad!. As entradas están á venda online. O xoves 30 haberá un pasarrúas coa charanga NBA, de seis e media a oito e media polas rúas de Burela.

A carpa instalada na praza da Mariña permanecerá pechada os días 25 de decembro e 1, 4, 5 e 6 de xaneiro. Os días 24 e 31 de decembro estará aberta de 11:00 a 14:00 horas. Os prezos serán de 3€ pola mañá, 5 euros pola tarde e 30 euros o bono.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...