InicioCentralBurelaO Concello de Burela publica as bases para seleccionar oficial de primeira...

O Concello de Burela publica as bases para seleccionar oficial de primeira albanel

Por outra parte, a agrupación musical Dambara animará este sábado as rúas da vila dentro da programación de Nadal do Concello.

Publicada o

- Advertisement -

O Boletín Oficial da Provincial publica hoxe as bases para a contratación como persoal laboral non permanente dun oficial de primeira albanel para a Área de Obras do Concello de Burela, ao abeiro do programa Fomento de Emprego do Plan Único da Deputación de Lugo.

A duración do contrato será de 6 meses. O sistema de selección será o de concurso-oposición. O prazo de presentación de documentación será de cinco días naturais contados a partir de mañá, 18 de decembro. As bases da convocatoria atópanse colgadas no Taboleiro de Anuncios da web do Concello de Burela.

PASARRÚAS MUSICAL

A agrupación musical Dambara, de Burela, animará mañá, sábado, as rúas da vila dentro da programación de Nadal do Concello. O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo quese busca animar a mañá do sábado desde o Campón até o centro de Burela. Engadiu que outros anos tamén se fan estes pasarrúas.

O edil agradeceu desde o Concello e da Delegación de Cultura toda a implicación da agrupación musical pola súá involucración sempre en todos os eventos. José Díaz engadiu que a poboación de Burela teña precaución e respecten o horario do pasarrúas que será de cinco da tarde a nove da noite.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...