InicioCentralBurelaO atletismo de élite aterra en Burela da man de Ana Peleteiro...

O atletismo de élite aterra en Burela da man de Ana Peleteiro e Adrián Ben

Ana Peleteiro e Adrián Ben participaron nunha charla sobre iniciación ao deporte e á nutrición xunto ao dietista Noel López Pinín, que causou moita expectación no auditorio da Casa da Cultura.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, cualificou de día histórico este 23 de decembro, data na que estiveron en Burela os atletas Ana Peleteiro e Adrián Ben, dous deportistas de elite que se achegaron á vila para participar nunha conferencia.

Llano declarou que “para o Concello de Burela é unha honra que estivesen aquí estes dous atletas dun nivel tan extraordinario e que viñesen falar das súas experiencias”. O alcalde lembrou que Burela ten moita consideración polo deporte base e estas actividades motivan aos rapaces e rapazas polos valores que se transmiten.

Ana Peleteiro e Adrián Ben participaron nunha charla sobre iniciación ao deporte e á nutrición xunto ao dietista Noel López Pinín, que causou moita expectación no auditorio da Casa da Cultura.

Ao remate do acto no Concello foilles ofrecida unha recepción oficial, á que Ana Peleteiro non puido asistir por motivos persoais, que a obrigaron a emprender viaxe rapidamente. Adrián Ben asinou no libro de honra do Concello e recibiu un agasallo de mans do alcalde, Alfredo Llano. Xunto ao rexedor estiveron os concelleiros de Deportes, Servizos Sociais e Medio Ambiente, Ramiro Fernández, Carmela López e Toñi Eijo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...