InicioCentralBurelaAs xornadas técnicas de Expomar celebraranse os días 19 e 20 de...

As xornadas técnicas de Expomar celebraranse os días 19 e 20 de maio

O alcalde de Burela, Alfredo Llano sinalou que “ademais comentamos que tiveron moi boa aceptación actividades que fixemos este ano a través de Expomar, como foi a última conferencia sobre nutrición".

Publicada o

- Advertisement -

O padroado da Fundación Expomar mantivo un encontro nas últimas horas co obxectivo de aprobar o plan de actuación para 2022. As Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial terán lugar os días 19 e 20 de maio, segundo deu a coñecer o alcalde de Burela, Alfredo Llano. A Fundación Expomar, que contará cun orzamento de 80.000 euros en 2022, tentará recuperar a celebración de Produart (feira de produtos artesanais e ecolóxicos).

Llano contou que “onte tivemos unha reunión ordinaria do Padroado da Fundación Expomar para aprobar o plan de actuacións para o próximo ano. Para o 2022 non toca facer a feira exposición, pero si as xornadas técnicas e o encontro empresarial, que fixamos en principio para os días 19 e 20 de maio. O 19 serían as xornadas técnicas, que, segundo as necesidades e os temas que queiramos tratar, poderán ser pola mañá e pola tarde. E o día 20 temos previsto facer o encontro empresarial, que é fundamental para o sector náutico pesqueiro porque sempre se sacan conclusións importantes”.

O presidente da Fundación Expomar explicou que “tamén acordamos intentar facer unha nova edición de Produart, que é a feira de produtos artesanais e ecolóxicos. Levamos moito tempo sen organizala e era moi importante e ademais coincidía coa Feira do Bonito e complementábanse perfectamente. Consideramos que hai que recuperala e queremos darlle unha nova dimensión, moito máis profesional, ecolóxica, diversa e atractiva. De feito xa estivemos durante este ano falando con moita xente para que asista o ano que vén á nova edición de Produart”.

Alfredo Llano sinalou que “ademais comentamos que tiveron moi boa aceptación actividades que fixemos este ano a través de Expomar, como foi a última conferencia sobre nutrición e as bondades dos produtos do mar, que foi moi interesante e asistiu moita xente. Queremos seguir nesa liña e xa temos pensado facer mente sana in corpore sano aproveitando os produtos do mar”.

E engadiu que “tamén acordamos un orzamento duns 80.000 euros para este ano que vén. A Fundación Expomar sempre está atenta a procurar axudar o máximo posible a difundir e a promover o sector náutico pesqueiro e queremos que sexa tamén unha boa plataforma para formar a nivel de centros educativos, asociacións e público en xeral sobre moitos temas relacionados coa pesca, que é un sector importantísimo e queremos que se manteña e que teña garantía de futuro”.

ÚLTIMAS

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...

O Concello de Viveiro leva aos institutos as actividades do 25N

A programación do Concello de Viveiro con motivo do 25N, o Día Internacional da...

Burela informará o venres á hostalaría local sobre o a implantación do contedor marrón

O Concello de Burela está a preparar a implantación do contedor marrón de...

O Concello de Burela tratará no pleno ordinario a aprobación dunha nova ordenanza de tráfico

O Concello de Burela celebra mañá, xoves día 30 de novembro, un novo pleno...