InicioCentralBurelaBurela presume da calidade do seu aire

Burela presume da calidade do seu aire

Entra en funcionamento unha estación medidora da calidade do aire.

Publicada o

- Advertisement -

En Burela acaba de entrar en funcionamento unha estación medidora da calidade do aire, que foi instalada no centro da localidade, concretamente no patio da escola de música. O alcalde, Alfredo Llano, destacou que é importante desde o punto de vista medio ambiental e sinala que tamén se usará para divulgación nos centros educativos. Hoxe esa estación indica que a calidade do aire en Burela é moi boa.

A estación colocouse no patio da escola de música de Burela e foi instalada por Alcoa de acordo co Concello. O seu obxectivo é medir a calidade do aire e detecta as partículas que poden ser nocivas ou non e serve para saber se hai que tomar algunha medida.

Para Alfredo Llano “é unha cuestión necesaria medioambientalmente, para ver que se están facendo ben as cousas e para que poidamos ter a garantía e a confianza de que estamos nun sitio onde se pode respirar perfectamente”.

O alcalde de Burela sinalou que os datos que recolle esta estación vanse enviar á Xunta de Galicia. ·E ademais eu quero darlle un contido educativo, para que poida ser aproveitada para coñecemento e divulgación nos colexios e nos institutos; pódese facer algunha visita ou charlas nos propios centros para explicar como funciona esta estación”, destacou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...