A sala de arte da Casa da Cultura acolleu esta tarde a entrega dos premios aos gañadores do Certame de Postais de Nadal, que convocou a Biblioteca Pública Municipal.
Xunto ás premiadas e premiados, que recibiron material escolar como agasallo, estivo o alcalde, Alfredo Llano.
O rexedor felicitou aos gañadores do Certame de Postais de Nadal e animounos a seguir creando e participando en convocatorias futuras.
A exposición con todas as postais presentadas ao concurso segue aberta ata o vindeiro 21 de xaneiro de luns a venres en horario de 11 a 13 horas e de 18 a 20 horas.