InicioCentralBurelaBurela instala luces led nas últimas pinturas do Certame Amarte e acometará...

Burela instala luces led nas últimas pinturas do Certame Amarte e acometará a limpeza de todas as obras este ano

O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que "os traballos quedarán listos a finais desta semana e xa teremos todas as edicións do Certame Internacional de Pintura Mural iluminadas".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela leva a cabo estes días os traballos de instalación da iluminación das obras de arte pintadas nas dúas últimas edicións do Certame Amarte no muro da zona portuaria.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “estes días está a procederse a instalar as luces led dos tramos que faltaban de Amarte, son os correspondentes ás dúas últimas edicións. Os traballos quedarán listos a finais desta semana e xa teremos todas as edicións do Certame Internacional de Pintura Mural iluminadas. A verdade é que estas luces que instalamos dan moitísima vistosidade ás obras de arte do muro, que ocupará todo o espazo dedicado a este fin nas dúas próximas edicións, a de 2022 e a de 2023”.

O edil burelés engadiu que “tamén ao longo deste ano imos limpar as pinturas de edicións anteriores que xa están bastante desgastadas, é algo normal co paso do tempo, porque non hai que esquecer que a primeira edición foi en 2017 e evidentemente van collendo sucidade. Deixarémolas ben limpas e que sigan conservándose da mellor maneira posible, xa que é algo moi representativo da zona portuaria e de Burela en xeral. Dá gusto ver a moitos turistas e a xente doutros concellos que se fan fotos no muro de Amarche, chama a atención e gústalles. Temos que coidar delas e seguir mantendo ese nivel artístico que está a haber nos últimos anos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...