InicioCentralBurelaBurela acolle 'Somos Criminais 3', unha obra de teatro con Carlos Blanco...

Burela acolle ‘Somos Criminais 3’, unha obra de teatro con Carlos Blanco e Touriñán

O concelleiro de Cultura, José Díaz, cre que “esta representación é unha forma de que, agora que parece que por fin todo isto vai mellorando ou polo menos perdendo gravidade, de dar un pouco a saída para volver a ter outra vez grandes espectáculos no auditorio de Burela”.

Publicada o

- Advertisement -

Os días 29 e 30 de xaneiro chegan ao auditorio de Burela Touriñán e Carlos Blanco con ‘Somos criminais 3’. Finalmente serán 3 as funcións que ofrecerán para as que aínda quedan algunhas entradas dispoñibles. O concelleiro de Cultura, José Díaz, subliña que a química entre os dous actores covérteos nunha das parellas humorísticas máis brillantes de España.

O edil burelés dixo que “esta fin de semana teremos en Burela unha nova actuación de luxo e de moito nivel coa presenza de Touriñán e Carlos Blanco con ‘Somos Criminais 3’. Realmente é a segunda parte pero eles decidiron xogar así co título. Xa os tivemos aquí en ‘Somos Criminais 1’, no ano 2019, e agora volven con este espectáculo que percorreu as principais cidades de Galicia e unha vez máis Burela está entre os sitios elixidos. Para nós é un pracer e unha honra albergar o espectáculo de dous dos mellores humoristas non só de Galicia senón a nivel nacional, ademais coa química que teñen actuando xuntos como demostraron no outro show, estou seguro de que van gustar moitísimo a todos os asistentes esta fin de semana”.

Díaz sinalou que “serán tres funciones, o sábado ás oito e ás once da noite, e o domingo ás cinco da tarde. En principio ían ser catro pero finalmente, por motivos de axenda do persoal da obra, serán tres funciones. Creo que é suficiente para albergar a toda a xente que queira ir da Mariña porque non van estar en ningún outro sitio. Creo que aínda quedan entradas, así que animo a todo o mundo a asistir, é algo que merece a pena absolutamente e estou seguro de que ninguén se vai a arrepentir de ir”.

José Díaz cre que “esta representación é unha forma de que, agora que parece que por fin todo isto vai mellorando ou polo menos perdendo gravidade, de dar un pouco a saída para volver a ter outra vez grandes espectáculos no auditorio de Burela”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...