Burela organizará o seu Entroido con varias actividades entre o 25 de febreiro ao 2 de marzo

A concelleira de Festexos,Toñi Eijo, subliñou que “as persoas que participen no desfile deberán facelo empregando mascarilla e atendendo a todas as medidas sanitarias que teñamos en vigor nese momento”.

Desfile de Burela. AXM

A Concellería de Festexos organiza varias actividades do 25 de febreiro ao 2 de marzo para celebrar o Entroido. Os actos foron presentados hoxe por Toñi Eijo.

A edil burelesa explicou que “o 25 de febreiro, que é venres, haberá un xogo de busca do tesouro. O 27 será o desfile, que empezará ás cinco da tarde e ao remate haberá o acto de entrega de premios, cun DJ e chocolatada”. En total no desfile vanse repartir arredor de 2.000 euros en premios.

A concelleira de Festexos subliñou que “as persoas que participen no desfile deberán facelo empregando mascarilla e atendendo a todas as medidas sanitarias que teñamos en vigor nese momento”.

Toñi Eijo seguiu a relatar que “o día 28 farase un taller de cociña na Praza da Mariña, dedicado aos doces típicos do Entroido, para o que hai que inscribirse previamente. O 1 de marzo será o Día do Neno na Praza do Concello, onde haberá inchables, pintacaras, taller de manualidades, … E o día 2 teremos o Enterro da Sardiña, no que haberá bolos preñados e viño”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here