InicioCentralBurelaContinúa o Semáforo da Reciclaxe en Burela coa axuda das monitoras de...

Continúa o Semáforo da Reciclaxe en Burela coa axuda das monitoras de Gaia

A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, subliñou que “desta forma sinxela e divertida pretendemos concienciar da importancia de reciclar e facelo de forma correcta”.

Publicada o

- Advertisement -

Os usuarios da Asociación Camiña continuaron onte, luns, pola tarde coa actividade O semáforo da Reciclaxe da man das monitoras de Gaia do Concello de Burela, que lembran que “se trata dun semáforo que consta de 3 cores: verde, azul e amarelo, que simulan a cor de cada colector”.

Onte foi a quenda do colector amarelo. As monitoras do Centro Gaia levaron unha cesta chea de envases de plástico, bolsas, envases metálicos e tipo brick, xoguetes de plástico, perchas de plástico, etc…e explicaron qué cousas se deben de depositar no colector amarelo e cales non. Desde Gaia explicaron que “os usuarios posteriormente deberon meter correctamente no colector amarelo os produtos que si van e noutro colector amarelo, pero esta vez co sinal de prohibido, os que non se poden botar nese colector. Un usuario disfrazado de policía vixiaba as actuacións e no caso de que non fosen as adecuadas sacaba esa sinal de prohibido”.

A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, subliñou que “desta forma sinxela e divertida pretendemos concienciar da importancia de reciclar e facelo de forma correcta”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...