InicioCentralBurelaPre-estrea da curta "A devoradora de nenos" na Casa da Cultura de...

Pre-estrea da curta “A devoradora de nenos” na Casa da Cultura de Burela

O vindeiro martes, 22 de febreiro, ás oito da tarde terá lugar unha audición de frauta na Escola Municipal de Música de Burela. Será na Aula de Orquestra.

Publicada o

- Advertisement -

A Casa da Cultura de Burela acollerá a pre-estrea da curtametraxe Devoradora de nenos mañá, 18 de febreiro, ás 21:00 horas con entrada gratuíta.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, contou que “este venres, 18 de febreiro, ás nove da noite no Auditorio temos a estrea dunha curtametraxe do que se falou moito e que creo que hai bastante expectación por velo. Esta curtametraxe chámase ‘Devoradora de nenos’ e nel temos a un mariñán que é Martín Vázquez Baño, que é o produtor executivo desta curta dirixida por Fran Rodríguez, e que conta coa presenza de Sergio Pazos como un dos protagonistas, actor e humorista moi vinculado tamén a Burela, que desde 2017 nos axudou a facer da Feira do Bonito o que hoxe é, unha festa de Interese Turístico Nacional. Non sabemos aínda se vai estar presente Sergio Pazos nesta estrea, pero eu animo a todo o mundo a que vaia a ver esta curtametraxe cunha montaxe espectacular e moitos actores coñecidos como Santi Prego, Xoaquín Domínguez e Chus Álvarez e a presenza tamén de mariñáns”.

O edil burelés dixo que “aborda un tema que está moi de actualidade, desde hai bastante tempo por desgraza, como é o bullying pero que se o visualizamos e falamos del axudamos a que a xente o coñeza e tome as medidas oportunas para evitalo ou unha vez que existe, detelo. Quero animar a toda a xente que queira achegarse a ver esta curtametraxe, hai unha expectativa moi boa e tamén as ganas de velo por parte de todos nós”.

AUDICIÓN DE FRAUTA O E VENTO METAL 

O vindeiro martes, 22 de febreiro, ás oito da tarde terá lugar unha audición de frauta na Escola Municipal de Música de Burela. Será na Aula de Orquestra.

O director do centro, Xan Carballal, comenta que “a actividade enmárcase dentro da programación deseñada para o presente curso académico 2021-2022”.

E o mércores, día 23, haberá unha audición de vento metal ás 19:30 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...