InicioCentralBurelaBurela usará a cerámica serigrafiada para embelecer a ponte Eijo Garay

Burela usará a cerámica serigrafiada para embelecer a ponte Eijo Garay

O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que proximamente se embelecerá cunha obra de arte realizada con cerámica serigrafiada, que será ideada polo Concello coa axuda de artistas locais e da Fundación Eu Son.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela arranxou os problemas de humidades que sufría a ponte do tren de Eijo Garay. O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que proximamente se embelecerá cunha obra de arte realizada con cerámica serigrafiada, que será ideada polo Concello coa axuda de artistas locais e da Fundación Eu Son.

O edil burelés explicou que “estes días estivo a arranxarse a ponte do tren sobre a rúa Eijo Garay, sobre todo reparando humidades porque estaba bastante deteriorado e afeaba moito o aspecto da zona centro de Burela. Temos en mente facer unha pequena obra de arte aí xa que, despois deste proceso de reparación, a idea que temos é poñer nesta ponte cerámica serigrafiada con algunha obra de arte que idearemos desde o Concello coa axuda de artistas locais e da fundación Eu Son, que ten agora a capacidade de facer este tipo de cousas, serigrafiado de distintos motivos en cerámica, para despois colocalo na ponte”.

José Díaz dixo que “a idea creo que é boa porque serve para darlle un pouco máis de toque artístico ao pobo. Xa temos Amarte, no muro do porto, e a ponte, que serve de vía de comunicación entre o pobo de Burela e o porto e a zona de Amarte, é un bo escaparate para facer este percorrido artístico, que oxalá que podamos facer en máis zonas, como vimos tentando desde 2017, cando foi a primeira edición de Amarte”.

O concelleiro de Cultura engadiu que “aínda levará algún tempo, pero imos ir traballando sobre os deseños posibles. Na ponte hai varias paredes que poden ser obxecto de decoración con cerámica e aí podemos poñer diferentes motivos que rememoren Burela en todos os seus aspectos: sociais, culturais e de todo tipo. É un lugar moi visible porque se imos á zona centro de Burela temos que subir ou baixar por baixo desa ponte”.

Díaz sinalou que “este é o proxecto que hai, pensamos que pode quedar ben, que o efecto final pode ser bo e esperemos que sexa do gusto de todos os veciños”.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...