InicioCulturaO concurso artístico convocado por Burela IN buscará crear obras con materiais...

O concurso artístico convocado por Burela IN buscará crear obras con materiais reciclados

os artistas que queiran participar a que nos envíen as súas propostas ao enderezo electrónico burelain@burela.org

Publicada o

- Advertisement -

O prazo para presentar traballos ao Concurso Artístico convocado por Burela IN remata o 13 de marzo. Hoxe os artistas coñeceron o espazo e os materiais cos que se realizará a obra gañadora. A asociación Tá en Artes formará parte do xurado, segundo deu a coñecer hoxe a concelleira de Mar, Carmela López.

A edil contou que “este pasado martes tivo lugar a xornada para artistas. Estivemos no muro, na antiga fábrica de gres e visitando ás redeiras. Entón puideron ver in situ os materiais cos que van contar para poder presentar o seu boceto, antes do día 13. Aínda está aberto o prazo e entón queremos convidar a todos os artistas que queiran participar a que nos envíen as súas propostas ao enderezo electrónico burelain@burela.org” e engadiu que “para obter máis información poden contactar co seguinte número de teléfono: 627 096 062”.

Carmela López contou que “xa temos 11 artistas interesados en participar nesta convocatoria de Burela IN, que pediron información e máis da metade acudiron hoxe a coñecer as zonas”.

A concelleira burelesa subliñou que “a asociación Tá en Artes formará parte do xurado. Da directiva deste colectivo forma parte Neira Brochs, que é un grandísimo muralista mariñán”.

#BurelaIN é un proxecto que promove a recuperación e posta en valor de residuos derivados do mar e das actividades marítimo-pesqueiras. Entre as actividades previstas para este 2022 figura este Concurso Artístico, que suporá o acondicionamento do muro que está situado na rúa do Berbés, esquina Eijo Garay, contemplando a utilización de materiais en desuso como redes e gres. A obra de arte deberá reflectir o carácter mariñeiro da vila. O gañador ou gañadora recibirá como premio 3.000 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...