IniciosociedadeDenuncian que as urxencias no hospital de Burela "están colpasadas"

Denuncian que as urxencias no hospital de Burela “están colpasadas”

A Plataforma Sanitaria da Mariña levará a súa oficina de queixas o vindeiro mércores ao hospital da Costa.

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma Sanitaria da Mariña denunciou este venres que as urxencias no hospital de Burela atópanse “colapsadas” desde hai varios días. A portavoz desta plataforma, Montse Porteiro, vinculou o “caos” que se revive nas urxencias no Hospital da Mariña aos “problemas” que sofre a Atención Primaria na comarca.

As urxencias no hospital de Burela están colapsadas e eu sempre remarco que a Atención Primaria é a base do sistema sanitario”, avisou. Porteiro insistiu en que “a primaria é o sistema que se atopa máis próximo aos veciños e se cae Atención Primaria se desmorona o seguinte nivel”.

Isto é como un castelo de naipes e si lle dás un golpe á base vai caer todo“, comparou. Ademais, incidiu en que a Atención Primaria está “a sufrir un colapso importantísimo porque faltan profesionais, falta material e falta orzamento”. “Tamén os problemas no hospital repercuten sobre a atención primaria. O sistema sanitario sexa cal for o nivel retroaliméntase mutuamente”, advertiu.

A Plataforma Sanitaria da Mariña levará a súa oficina de queixas o vindeiro mércores ao hospital de Burela. En principio esta acción facíase coincidir cun martes, pero trasládase ao mércores por ser festivo o 1 de marzo polo Entroido.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...