InicioCentralBurelaBurela presenta a segunda edición de Musicarte, o certame de videoclips musicais

Burela presenta a segunda edición de Musicarte, o certame de videoclips musicais

O edil de Cultura, José Díaz, anunciou que “empezamos con ela o ano pasado, ocorréusenos a idea pola pandemia que non permitía ás escolas de música actuacións en exteriores e así tiñan esa posibilidade de gravar un videoclip e participar nun concurso a nivel autonómico”.

Publicada o

- Advertisement -

Mañá terá lugar en Burela a presentación do 2º Certame de Vídeoclips Musicais Musicarte, que organiza a Concellería de Cultura. Neste acto, que dará comezo ás 13:00 horas, comparecerán o concelleiro de Cultura, José Díaz, e a presidenta do xurado, Estíbaliz Veiga.

O edil de Cultura, José Díaz, anunciou que “mañá presentaremos, no salón de plenos do Concello de Burela, a segunda edición de Musicarte. Empezamos con ela o ano pasado, ocorréusenos a idea pola pandemia que non permitía ás escolas de música actuacións en exteriores e así tiñan esa posibilidade de gravar un videoclip e participar nun concurso a nivel autonómico”.

Díaz adiantou que “este ano vai haber algúns cambios respecto a as bases do 2021 para buscar máis participación e máis repercusión social, non soamente en escolas de música, aínda que por suposto tamén. Pero todos eses detalles presentarémolos mañá, a partir de únaa do mediodía no Concello, coa presenza de quen será un ano máis a presidenta do xurado, a quen lle agradezo como sempre a súa implicación en todas as actividades, proxectos e propostas culturais do noso Concello desde fai xa uns cuantos anos, que é Estíbaliz Veiga”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...