InicioCentralBurelaBurela presenta a segunda edición do festival de videoclips, Musicarte

Burela presenta a segunda edición do festival de videoclips, Musicarte

O alcalde, Alfredo Llano sinalou que" vimos de presentar Musicarte 2 coa presenza de Estíbaliz Veiga, que será a presidenta do xurado un ano máis".

Publicada o

- Advertisement -

En Burela tivo lugar este mediodía a presentación da segunda edición de Musicarte, o Certame de Vídeoclips Musicais, que organiza a Concellería de Cultura. Poderán participar, ademais de escolas de música, IES de Galicia e adultos non profesionais. O mellor en cada unha destas tres categorías obterá un premio de 400 euros. O prazo de presentación de traballos estará aberto ata o 20 de xuño. No acto participaron o alcalde, Alfredo Llano, o concelleiro de Cultura, José Díaz, e a presidenta do xurado, Estíbaliz Veiga.

O edil burelés anunciou que “vimos de presentar Musicarte 2 coa presenza de Estíbaliz Veiga, que será a presidenta do xurado un ano máis. A novidade respecto ao ano pasado e que, ademais de haber un premio ao mellor vídeoclip para escolas de música, vai haber outro para IES de Galicia e tamén outro para persoas galegas que non sexan profesionais da música e que poden mandar o seu vídeoclip. As bases van estar colgadas na páxina web do Concello a partir deste venres e os premios serán de 400 euros en cada unha das categorías”.

José Díaz dixo que “animaremos á xente, xa houbo participación de escolas de música galegas e esperemos que tamén participen IES. Hoxe en día coas tecnoloxías dos móbiles é moi fácil facer un vídeoclip que quede ben de calidade no que se poida aportar a parte imaxinativa e demais. Contamos con que a participación sexa boa e que haxa moita xente que opte aos premios, xa non polo premio senón por participar e ir facendo que Musicarte siga crecendo como actividade e como certame para incentivar a música entre os máis pequenos e entre todas as persoas en xeral”.

A presidenta do xurado, Estíbaliz Veiga, declarou que “Musicarte é unha iniciativa, que dende o meu punto de vista como pedagoga teatral que son, moi atractiva para todos os xoves que se queiran presentar, pero non só para eles, tamén para os adultos non profesionais porque este ano hai un novo apartado que tamén valorará este tipo de vídeoclips. Estou desexando que cheguen ás nosas mans estes produtos cheos de arte e música que, como comunicadora que son, creo que é a mellor forma de comunicar, de facer que teñamos ilusión, de soñar e de volver crer nun futuro mellor”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...