A AECC organiza un taller de ioga en Burela dirixido a voluntarios, familiares e enfermos de cancro. Será todos os luns de 10:30 a 11:30 horas na sala multiusos da Casa da Cultura. Dará comezo o 14 de marzo.
As persoas interesadas en asistir deben inscribirse nos seguintes números de teléfono: 658 87 21 96 – 982 25 08 09 ou no correo electrónico lugo@contraelcancer.es.
A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, subliña que “desde o Concello de Burela mantemos un contacto estreito coa Asociación Española de Loita contra o Cancro, apoiando esta e outras iniciativas”. E engade que “hai que por en valor este servizo, no que unha traballadora social e unha psicóloga ofrecen o súa asistencia para toda a comarca da Mariña”.