InicioCentralBurelaBurela entrega 80.000 máscaras para asociacións que desenvolvan actividades colectivas con persoas...

Burela entrega 80.000 máscaras para asociacións que desenvolvan actividades colectivas con persoas vulnerables

Segundo explica a concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, “as máscaras a entregar, que ascenden a 80.000, foron adquiridas con financiamento a cargo do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2021 da Deputación Provincial de Lugo”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela entregará 80.000 máscaras a aquelas entidades inscritas no rexistro de asociacións e que actualmente estean a desenvolver calquera actividade de carácter colectivo na que conten entre os usuarios con persoas susceptibles de vulnerabilidade.

Segundo explica a concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, “as máscaras a entregar, que ascenden a 80.000, foron adquiridas con financiamento a cargo do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2021 da Deputación Provincial de Lugo”.

A edil socialista subliñou que “queremos facer chegar esta partida de máscaras a aquelas entidades inscritas no rexistro de asociacións do Concello de Burela e que actualmente estean a desenvolver calquera actividade de carácter colectivo na que conten entre os seus usuarios con persoas vulnerables. Xunto coas bases, que se atopan colgadas na sede electrónica municipal, publicamos dous anexos para que sexa fácil a solicitude das mesmas. Os colectivos interesados dispoñen de 15 días de prazo para a súa presentación, do 15 ao 29 de marzo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...