InicioCentralBurelaO espectáculo musical 'Viva mi planeta' da compañía Cantajuego estará en Burela...

O espectáculo musical ‘Viva mi planeta’ da compañía Cantajuego estará en Burela o 14 de maio

O concelleiro de Cultura, José Díaz, subliñou que “as entradas xa están dispoñibles, a través da páxina do Facebook da Delegación de Cultura de Burela pódese acceder á ligazón para compralas, pero hai varias plataformas onde é posible facelo".

Publicada o

- Advertisement -

O 14 de maio chegará a Burela o novo espectáculo de Cantajuego. A xira de 2022 denomínase ‘Viva mi planeta’. As entradas xa se poden mercar, segundo anunciou nesta xornada o concelleiro de Cultura, José Díaz.

O edil burelés adiantou que “o día 14 de maio imos ter outro deses musicais de nivel, dos que están a pasar xa desde hai varios anos por Burela porque sempre pretendemos traer calidade, a intención é achegar a zonas como esta -onde non somos unha gran cidade con grandes posibilidades de cultura- eventos e espectáculos que adoitan estar destinados a grandes auditorios. Neste caso trátase de Cantajuego, o orixinal, que adoitan facer xira por cidades, de feito neste 2022 teñen Madrid, Palencia, Avilés, Gran Canaria, Tenerife,… Todo son cidades salvo algunhas excepcións como é a de Burela. Conseguimos convencerlles para que estean aquí e de feito van estar con dúas funcións, unha ás 16:30 e a outra ás 19:00 horas”.

Díaz dixo que “Viva o meu planeta chámase esta xira de 2022, onde están os personaxes de sempre do Cantajuego, coñecidos por moita xente: Coco, Pepe, Buby,… Ademais con esa temática pedagóxica e audiovisual referida ao coidado do planeta, o problema evidente que temos encima do cambio climático, así que terá ese toque didáctico para os máis pequenos e para as familias en xeral, que boa falta fainos a todos”.

O concelleiro de Cultura subliñou que “as entradas xa están dispoñibles, a través da páxina do Facebook da Delegación de Cultura de Burela pódese acceder á ligazón para compralas, pero hai varias plataformas onde é posible facelo; a básica é ticketrona.com, pero en varias plataformas de venda en liña de entradas están dispoñibles”.

E engadiu que “con isto apostamos unha vez máis por cultura de calidade: non tanto facer cousas sen parar senón as que fagamos que sexan para o goce da xente. Evidentemente musicais como o que tivemos o outro día, Deles aprendín, ou o de Coco -anterior a este-, encheron o auditorio, o que é un luxo. Ademais a xente ten un nivel de esixencia alto nesta zona porque non só hai espectadores de Burela senón que vimos xente de Foz, de Mondoñedo, de Viveiro,… que é o ideal e é o que sempre buscamos: servir un pouco de referencia cultural para toda esta ampla comarca da Mariña”.

José Díaz indicou que “así que ademais deste novo espectáculo de nivel esperamos ter algunha sorpresa máis para as próximas datas, con espectáculos tamén para público adulto, pero falta aínda concretalos. De momento hai que ir animando á xente para adquirir unha boa entrada, que son numeradas, para gozar dese musical tan especial que ata o de agora había que ir ver a cidades, as máis próximas de aquí A Coruña ou Lugo. O feito de telos aquí é un luxo”.

XABIER DÍAZ

Mañá a música será a protagonista na Casa da Cultura de Burela. O concelleiro de Cultura lembrou que “este sábado, 19 de marzo, Día de San Xosé e Día do Pai, temos outro concerto espectacular no auditorio de Burela ás oito da tarde con Xabier Díaz e ‘Adufeiras de Salitre’. Xa tivemos a Xabier Díaz aquí antes da pandemia, en 2019, e fora todo un espectáculo porque eles conseguen desde o escenario atrapar á xente cos seus ritmos de música tradicional galega. Moi profesionais absolutamente todos e moi divertido ademais polo que estou seguro de que será un concerto que estará moi ben, igual que o de 2019. Ademais agora presentan novo disco, As catedrais silenciadas; con este título tan atractivo convídannos a acudir a esta actuación musical que aconsello que nos vos perdades porque vai ser das boas deste mes de marzo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...