Os hortos urbanos de Burela estarán situados nunha finca da Avenida Arcadio Pardiñas

O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “para falar de que tipo de plantacións se poden facer e como e cando corresponde realizalas vamos ter unha xornada informativa que vai ser o xoves 24 no salón de plenos do Concello de Burela ás 19:30 horas".

Alfredo Llano apoia a campaña da UE 'Un árbol por Europa' / Concello de Burela

Os hortos urbanos de Burela estarán situados nunha finca da Avenida de Arcadio Pardiñas. Haberá 42 de trinta metros cadrados cada un deles, segundo informou hoxe o alcalde, Alfredo Llano.

O rexedor dixo que “para os hortos urbanos de Burela vaise establecer xa un principio de utilización a partir da semana que vén. É nunha finca situada na Avenida de Arcadio Pardiñas, nunha zona guapa, un terreo moi grande, de máis de 2.000 metros cadrados, e vamos organizar para crear polo menos 42 hortas de 30 metros cadrados cada unha delas. Agora mesmo hai unha demanda de 36 persoas, pero penso que unha vez que empece a funcionar vaise demandar máis. Pero en principio vanse preparar 42”.

Llano explicou que “para falar de que tipo de plantacións se poden facer e como e cando corresponde realizalas vamos ter unha xornada informativa que vai ser o xoves 24 no salón de plenos do Concello de Burela ás 19:30 horas. Entón aí daranse unhas pautas e unha información clara por xente experta. Tamén ese día iremos visitar onde están as hortas para que a xente xa se poida familiarizar coa súa e estableceremos un criterio para que cada un poida elixir”.

O alcalde de Burela engadiu: “estou satisfeito de ver que xa vai collendo cor e cando se inaugure vamos invitar á Universidade de Santiago, que están tamén metida neste proxecto, e faremos un acto simbólico e desde logo motivador para que a xente vexa claramente que a través das hortas urbanas poden establecer un vínculo moi guapo coa natureza”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here