As monitoras de Gaia do Concello de Burela realizaron diversas actividades centradas na alimentación e no consumo responsable co alumnado do Ceip Virxe do Carme.
Coas nenas e cos nenos de 3º de Primaria traballaron “o desfilparro de alimentos, xa que o pasado luns 14 foi o día do consumo responsable. Centrámonos en comprender por qué é importante non tirar comida e cómo podemos facer para non despilfarrala, e fixemos varias fichas sobre esta temática”, explicaron as monitoras de Gaia.
E engadiron: “tamén traballamos cos alumnos de 5° de Primaria o tema da compra a granel, as súas vantaxes e inconvenientes, e demos recomendacións para unha compra máis sostible”.