InicioCentralBurelaBurela colocará 600 trampas contra a velutina onde é máis frecuente a...

Burela colocará 600 trampas contra a velutina onde é máis frecuente a aparición de niños

A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, sinalou que “polo que nos comentan os operarios hai menos presenza de niños de velutina que estes anos atrás".

Publicada o

- Advertisement -

En Burela comezaron as tarefas de trampeo contra a avespa velutina. En total vanse colocar 600 trampas nos lugares máis propensos á creación de niños.

A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, sinalou que “polo que nos comentan os operarios hai menos presenza de niños de velutina que estes anos atrás. De todos os xeitos arrincamos estes días unha nova campaña de trampeo profesional de raíñas velutinas, as que se encargan de facer os niños, coa intención de que causen os menores danos posibles ás persoas e ao ecosistema: abellas e froitas”.

A edil burelesa engadiu que “en total vanse colocar 600 trampas xeolocalizadas nos lugares que sexan mais propensos á realización deses niños. Os traballos, que xa comezaron, seguirán durante a primavera”.

Xunto aos profesionais que se encargarán do trampeo de 2022 estiveron o alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...