InicioCentralBurelaA UAD de Burela levou adiante labores de prevención de consumo de...

A UAD de Burela levou adiante labores de prevención de consumo de alcohol e outras substancias con alumnos de ESO

Publicada o

- Advertisement -

Dende o pasado día 7 e ata o 23 de marzo a Unidade Asistencial de Drogodependencias de Burela levou a cabo actividades de prevención de consumo de alcohol e outras substancias con 89 alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO do IES Monte Castelo.

Esta UAD leva máis de 25 anos realizando obradoiros de prevención de drogodependencias na Mariña e traballando con adolescentes entre 1º e 4º da ESO. A profesional encargada de realizar estas actividades é a traballadora social do equipo dende 1996, Maite Lanza.

Trátase de obradoiros anuais de dúas sesións cada un, no propio ámbito do alumnado, en grupos reducidos e coa total dispoñibilidade para aclarar calquera dúbida que poidan ter ao respecto. O obxectivo é facilitar información e habilidades para poder tomar decisións responsables en situacións de risco.

Dende a UAD “considérase fundamental que se poida acceder ás actividades de prevención con información profesional, cercana, rigorosa e de confianza e con dinámicas que van máis aló do meramente informativo, para que os máis novos sexan coñecedores das consecuencias do consumo, e conten con mecanismos que lles faciliten enfrontarse á presión grupal, curiosidade ou mitos, no seu día a día”.

En próximas datas tamén se levarán a cabo talleres no IES O Perdouro de Burela con 221 alumnos e no Colexio do Pilar de Foz, esta última en coordinación coa Asociación A Mariña de Saúde Mental.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...