InicioCentralBurelaAlfredo Llano anuncia melloras para o parque infantil da Marosa ampliando a...

Alfredo Llano anuncia melloras para o parque infantil da Marosa ampliando a oferta de entretemento

O alcalde de Burela e o tenente de alcalde, Ramiro Fernández, anunciaron que a renovación do parque infantil incluirá elementos con motivos pesqueiros e outros adaptados á realidade social da infancia, coa montaxe dun dindán para nenas e nenos con mobilidade reducida.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela vén de anunciar que fará melloras no parque infantil da Marosa, rehabilitando este espazo de xogo que conta cunha grande afluencia de bureleses e mariñenses, ubicado na zona deportiva de A Marosa con dous campos de fútbol, unha pista de tenis, outra de pádel e unha praia de bandeira azul.

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o tenente de alcalde, Ramiro Fernández, desprazáronse ata a zona acompañados da arquitecta municipal e o encargado de obras para planificar o traballo que se prevé iniciar o vindeiro mes con membros da empresa adxudicataria, Sport Equipalia, SL.

A renovación do parque infantil incluirá elementos con motivos pesqueiros e outros adaptados á realidade social da infancia, coa montaxe dun dindán para nenas e nenos con mobilidade reducida.

O acalde, Alfredo Llano, informou da obra coa “satisfacción de poder levar a cabo unha renovación integral desta zona tan concorrida por familias da localidade e mesmo da comarca, un entorno deportivo que merece a posta a punto deste lugar de divertimento e lecer para os máis pequenos, entendendo todas as súas necesidades e apostando por crear espazos inclusivos”.

O proxecto, cun orzamento de execución de 49.979,40 euros, que será sufragado con fondos do Plan Único da Deputación Provincial, licitouse en base ao que o tenente de alcalde, Ramiro Fernández, denominou “pregos sociais”, pois algúns dos requisitos de contratación sinalaban “á existencia dun Plan de Igualdade na empresa, á contratación de persoas en situación de desemprego, número de contratos indefinidos, así como á porcentaxe de mulleres na empresa, outorgando moito valor ás condicións laborais e á perspectiva social e igualitaria dos concorrentes”, sinalou o edil, amosando un claro compromiso e aposta do equipo de goberno “por transversalizar a xustiza social en todas as políticas que impulsamos”.

Na visita realizada á Marosa, os presentes puxeron en común a implementación da obra sobre o terreo, afondando sobre os distintos materiais que se empregarán así como a disposición e distribución dos distintos elementos que darán unha nova imaxe ao parque é á zona.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...