InicioCentralBurelaDenuncian que un paciente leva cinco meses esperando por un tratament rehabilitador...

Denuncian que un paciente leva cinco meses esperando por un tratament rehabilitador no Hospital da Costa

Segundo informa a Plataforma Sanitaria da Mariña, este paciente está recibindo tratamento mediante opiáceos. A súa petición de fisioterapia rexistrouse en novembro de 2021, máis dinlle non figurar en lista de espera.

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma Sanitaria da Mariña apunta nun comunicado que un paciente denuncia que leva desde novembro de 2021 agardando para a rehabilitación pautada polo seu traumatólogo. O home padece de varias hernias cervicais con afectación neurolóxica e moitísima dor de xeito continuo, “pese a estar a tratamento con analxésicos moi potentes, do grupo dos opiáceos, entre outros”. A maiores “ten afectación psicoloxica polo feito de vivir de xeito continuado cunha dor mui intensa e incapacitante para as actividades da vida diaria”.

Segundo se explica desde a Plataforma “en novembro de 2021 o traumatólogo pídelle ao paciente cita coa médica rehabilitadora para valoración e posible comezo de tratamento rehabilitador”. A folla de interconsulta foi rexistrada co número 202/6084, da que o paciente conserva copia. En palabras do paciente “como pasaban os días e non o chamaban, en xaneiro de 2022 preguntei e contestáronme que non estaba incluído en lista de espera porque non entregara a folla para rexistro, máis eu conservo copia co número de rexistro”.

NOVA FOLLA DE INTERCONSULTA CON DATA DE XANEIRO DE 2022

Ante esta situación, realizouse un novo contacto con traumatoloxía, emitindo un novo volante rexistrado con data de xaneiro de 2022. Desta maneira entra a formar parte das listas de espera cunha antigüidade menor da que lle correspondería . O paciente non acepta esta tramitación porque “ eu aportei as probas de que a tramitación do rexistro se fixo en novembro de 2021, polo que o erro administrativo debe ser solventado en favor do usuario “.

Despois doutro mes sen ter noticias de cando sería chamado, o paciente contacta coa Plataforma Sanitaria da Mariña para que lle axudasen a redactar a correspondente reclamación, rexistrada o día 2 de febreiro de 2022, con entrada número 0172. Segue a pasar o tempo e o paciente, “cunha dor insoportable, consume unha grande cantidade de fármacos e ten serias limitacións físicas e psicolóxicas derivadas da situación”.

Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña esixen que se solvente este erro da administración de xeito favorable para o paciente. Reclaman unha cita de valoración á maior brevidade posible, xa que é unha “ seria afectación física e psíquica do paciente, a tenor do tratamento farmacolóxico que recibe e que pode ter consecuencias bastante importantes para a súa saúde, das que fai responsable á dirección do centro se non lle poden remedio inmediato”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...