InicioCentralBurelaReunión ACIA Burela co BNG da localidade para expoñer as necesidades do...

Reunión ACIA Burela co BNG da localidade para expoñer as necesidades do sector comercial

Publicada o

- Advertisement -

Os representantes da xunta directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Burela celebraron o pasado 14 pola noite unha reunión con integrantes do B.N.G. na Corporación Municipal.

Durante a xuntanza, que se celebrou no local de ACIA Burela, trasladáronse ao BNG as necesidades, peticións e propostas do noso colectivo de fronte ao futuro co obxecto de que o seu grupo municipal se faga eco delas.

Os temas máis importantes que expostos foron os mesmos da reunión co PP municipal e que son a necesidade dunha maior limpeza da contorna e das beirarrúas; a conxelación da suba de taxas municipais para o comercio e industria local; a bonificación do IBI; e o traslado do mercado semanal ao seu anterior emprazamento.

CONTINUACIÓN COA RONDA DE REUNIÓNS

A reunión do pasado xoves enmárcouse dentro da serie de entrevistas cos tres partidos que teñen representación municipal e que en próximas datas rematarán cunha reunión co grupo Municipal Socialista.

ACIA Burela quere profundizar nunha liña de diálogo e comunicación fluída “co ánimo de traballar en conxunto e con boa sintonía de cara artellar as mellores e máis consensuadas solucións para a industria e o pequeno e mediano comercio do noso municipio“. Desde a Asociación ven que é imprescindible a celebración dun Pleno Municipal de carácter monográfico para abordar todos estes asuntos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...