InicioCentralBurelaO palangre de fondo de Burela, a primeira frota de altura con...

O palangre de fondo de Burela, a primeira frota de altura con ecoetiqueta Pescaenverde da USC

Esta ecoetiqueta ten o respaldo científico do Grupo de Biotecnoloxía Ambiental (Biogroup) da Universidade de Santiago de Compostela, que deseñou un software para promover o cálculo da pegada de carbono e da taxa de retorno enerxética adaptada ás características do sector pesqueiro.

Publicada o

- Advertisement -

O palangre de fondo de Burela convértese na primeira frota de altura con ecoetiqueta Pescaenverde, que concede a Universidade de Santiago de Compostela (USC).

En Burela, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou o valor desta marca para certificar a actividade respectuosa da frota co medio ambiente, pois permite transmitir aos consumidores o seu perfil ambiental en termos de pegada de carbono, entre outros.

Así o apuntado no acto de entrega do certificado Pescaenverde á frota pesqueira de palangre de fondo da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela (OPP-7), onde enxalzou o seu labor por ser a primeira da modalidade de altura que se certifica con esta ecoetiqueta que poderá empregar para a comercialización da pescada do petisco.

Nesta liña, sinala que Pescaenverde contribúe ao incremento da rendibilidade da frota, entre outras cuestións polo incremento das súas vendas ante a crecente demanda de produtos con baixas emisións de dióxido de carbono.

Esta ecoetiqueta ten o respaldo científico do Grupo de Biotecnoloxía Ambiental (Biogroup) da Universidade de Santiago de Compostela, que deseñou un software para promover o cálculo da pegada de carbono e da taxa de retorno enerxética adaptada ás características do sector pesqueiro.

No ano 2013 a Oficina Española de Patentes e Marcas expediu o título de rexistro da marca Pescaenverde. En Galicia contan con este selo máis de 30 confrarías de pescadores.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...