InicioCentralBurelaAs consultas gratuítas de audioloxía, podoloxía e memoria Porta a Porta continúan...

As consultas gratuítas de audioloxía, podoloxía e memoria Porta a Porta continúan en Burela

A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, explicou que “o prazo de inscrición permanece aberto para todas as persoas interesadas e que cumpran os requisitos, polo que as animamos a pedir cita previa e achegarse a facer estas revisións sen ningún tipo de custo económico”.

Publicada o

- Advertisement -

A delegación de Servizos Sociais do Concello de Burela lembra que o programa Porta a Porta da Xunta de Galicia continúa hoxe, 29 de abril, na localidade, e que volverá os próximos 2 e 3 de maio instalando o seu autobús na Praza do Concello.

O programa ofrece consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria destinado a todas as persoas maiores de 55 anos que así o desexen, con cita previa e de xeito gratuíto.

O autobús percorre distintas localidades co fin de prestar servizos asistenciais ás persoas maiores, debendo solicitar cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

No servizo de podoloxía farase unha consulta básica, valorando o estado xeral do pé, así como un corte e limpeza de unllas e eliminación de durezas, calos e helomas. En audioloxía realizarase unha valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva. Coa estimulación cognitiva, un profesional fará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro en caso de habelo.

A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, explicou que “o prazo de inscrición permanece aberto para todas as persoas interesadas e que cumpran os requisitos, polo que as animamos a pedir cita previa e achegarse a facer estas revisións sen ningún tipo de custo económico”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...