InicioCentralBurelaExpomar celebrará as súas XXIX xornadas técnicas entre o 19 e o...

Expomar celebrará as súas XXIX xornadas técnicas entre o 19 e o 20 de maio

Na presentación participaron o presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, Alfredo Llano, o xerente de Expomar, José Manuel González ‘Brais’, e outros membros do Padroado da Fundación e máis representantes do GALP A Mariña Ortegal.

Publicada o

- Advertisement -

A Fundación Expomar presentou este venres a bordo do Barco Museo Boniteiro “Reina del Carmen” unha nova edición das súas Xornadas Técnicas e Encontro Empresarial, que se celebrarán o 19 e 20 de maio no porto de Burela para abordar as novas dificultades e desafíos que afronta o sector pesqueiro. Na presentación participaron o presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, Alfredo Llano, o xerente de Expomar, José Manuel González ‘Brais’, e outros membros do Padroado da Fundación e máis representantes do GALP A Mariña Ortegal.

O foro será coma sempre aberto ao público no salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela e terá lugar entre as 16:30h e as 19:30h do xoves 19 de maio e as 10:30h e as 13:30h do venres 20. As xornadas tamén se poderán seguir online desde a web www.expomar.com. As Xornadas Técnicas 2022 contarán coa participación da conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana, que inaugurará o evento acompañada polo presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, Alfredo Llano.

A primeira xornada titúlase “Xestión pesqueira e mercado europeo” e contará coas intervencións de Javier Garat, secretario xeral de CEPESCA e presidente de Europêche; Ignacio Gandarias Serrano, director xeral de Ordenación Pesqueira e Acuicultura do MAPA; Daniel Voces, director de Europêche; e Pedro Reis, secretario do Consello Consultivo de Mercados MAC. Esta primeira sesión estará moderada polo secretario xeral do Comité Consultivo de Pesca de Augas Lonxanas LDAC, Álex Rodríguez.

A segunda xornada celébrase baixo o título “Sustentabilidade, saúde e comportamentos de compra” e contará coas intervencións de Cristina Cucullo, mánager da área do consumidor de KANTAR; Gumersindo Feijoo, vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela; e Guillermo Aldama, cardiólogo do CHUAC, membro da Sociedade Española de Cardioloxía e da Fundación Española do Corazón. Esta segunda sesión estará dirixida pola secretaria adxunta de CEPESCA, Rocío Béjar. A clausura das Xornadas Técnicas 2022 correrá a cargo da secretaria xeral de Pesca Marítima do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Alicia Villauriz.

ENCONTRO EMPRESARIAL

Pola súa parte, e previamente á celebración das Xornadas, o xoves 19 de maio pola mañá celebrarase o XXIII Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras, que reúne cada ano ás entidades máis representativas da frota galega e ás asociacións profesionais do sector pesqueiro a nivel nacional. A reunión dos representantes da frota volverá celebrarse de maneira presencial nas instalacións de Armadores de Burela entre as 10:00h e as 14:00h. Ao finalizar o evento, como cada ano, faranse públicas as conclusións tomadas durante a reunión.

A Fundación Expomar aposta decididamente polo mar non só coa celebración das xornadas técnicas ou o encontro empresarial, senón con outra serie de accións de apoio ao sector pesqueiro. Nestes últimos anos dirixíronse especialmente cara o ámbito da saúde e o consumo de peixe, como por exemplo as xornadas sobre nutrición “Come San, Come Peixe” en decembro de 2021 ou as xornadas de nutrición e saúde mental “Mens Sana in Corpore Sano”, en abril de 2022. As Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial están promovidos pola Fundación Expomar, en colaboración coa Deputación de Lugo e a Autoridade Portuaria de Ferrol San Cibrao, e financiadas polo GALP A Mariña Ortegal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...