InicioCentralBurelaOs máis pequenos de Burela aprenden as artes do trampeo para a...

Os máis pequenos de Burela aprenden as artes do trampeo para a velutina

Aprenderon as características deste tipo de insectos, así como a época na que aparecen os niños e a diferencia entre os primarios, secundarios e terciarios.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela continúa sensibilizando e formando á poboación sobre a prevención das vespas velutinas, con bastante presencia na localidade e comarca. Nesta ocasión, a través da aula GAIA e coa colaboración da empresa contratada para atallar esta problemática, Serpa, puxeron en marcha unha acción formativa destinada ao alumnado de 3º de primaria do Ceip Virxe do Carme.

A velutina é unha especie invasora que está poñendo en perigo a apicultura e os ecosistemas, polo que é imprescindible loitar contra esta ameaza e saber como actuar de xeito colaborativo e proactivo para a extinción da vespa asiática.

As nenas e nenos do Virxe do Carme puideron adquirir coñecementos sobre este insecto, diferenciándoo doutras especies e aprendendo o ciclo estacional da aparición dos niños, coñecendo a diferencia entre os primarios, secundarios e terciarios. Ademais das nocións teóricas, o axente especialista explicou ao alumnado o proceso para tratar de atrapalas e previr riscos para as persoas.

Neste punto, cada un dos pequenos elaborou a súa trampa de velutinas de xeito manual, cun recipiente de plástico ao que lle fixeron furados pintados de cores chamativas para simular unha flor e atraer aos insectos ao interior cunha substancia feita para provocar esta captura.

Tanto o alumnado como o profesorado quedou satisfeito coa formación, o que lles permitirá actuar correctamente ante a aparición das velutinas e colaborar no trampeo para contribuír á súa extinción.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...