Expomar segue coa apostapola saúde no programa das súas Xornadas Técnicas 2022

A Fundación Expomar seguirá promocionando o consumo de peixe e o coidado da saúde a próxima semana coa celebración da 29ª edición das Xornadas Técnicas, que terán lugar como cada ano no salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela, e nas que participarán recoñecidos profesionais do sector pesqueiro e da saúde.


A Fundación Expomar celebrou este xoves 12 de maio clausúraa do programa de nutrición e saúde mental ” Mens Sana in Corpore Sano”, e anuncia os relatorios das Xornadas Técnicas 2022.

A clausura desta primeira edición do programa “ Mens Sana in Corpore Sano” tivo lugar no centro de día da Fundación Eu Son, en Burela, coa interveción da concelleira de mar e servizos sociais do Concello de Burela, Carmela López, acompañada polo xerente da Fundación Expomar, José M. González ‘Brais’, a directora da Fundación Eu Son, Noelia Eijo, e o concelleiro de obras, deportes, turismo e comercio do Concello de Burela, Ramiro Fernández.

Carmela López destacou o éxito destas xornadas, que serviron non só para informar e sensibilizar á poboación sobre o coidado da saúde, senón para poñer en valor o traballo fundamental que realizan as asociacións locais dedicadas á saúde mental na Mariña de Lugo: “Somos moi afortunados ao contar cos servizos destas tres entidades na nosa contorna; debemos apoialas de maneira incondicional e grazas a estas xornadas promovidas pola Fundación Expomar puidemos poñelas en valor”.

A continuación celebrouse a última das tres degustacións de peixe dirixidas especialmente aos usuarios de leste mesmo centro e da unidade residencial da Asociación Saúde Mental A Mariña, en Cervo. Tras as degustacións de pescada do petisco e bonito de Burela, nesta ocasión saborearon diferentes receitas elaboradas con polbo da Mariña, que se presentaron sobre pratos feitos a man no taller de cerámica da propia Fundación Eu Son.

A Fundación Expomar seguirá promocionando o consumo de peixe e o coidado da saúde a próxima semana coa celebración da 29ª edición das Xornadas Técnicas, que terán lugar como cada ano no salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela, e nas que participarán recoñecidos profesionais do sector pesqueiro e da saúde.

De feito, a xornada do venres pola mañá “Sustentabilidade, saúde e comportamentos de compra” presenta temas de gran interese xeral e contará coas intervencións do cardiólogo e un dos promotores da Dieta Atlántica, Guillermo Aldama; a experta en hábitos de consumo, Cristina Cucullo; e Gumersindo Feijoo, vicerreitor da Universidade de Santiago de Compostela e promotor da ecoetiqueta Pescaenverde.

Previamente celebráronse o xoves o Encontro Empresarial de organizacións pesqueiras, pola mañá, e a primeira xornada técnica “Xestión pesqueira e mercado europeo” pola tarde, tamén coa participación de profesionais referentes do sector, e que contará coa apertura a cargo da conselleira de Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana. As xornadas son abertas ao público con entrada libre e tamén se poderán seguir en directo a través da páxina de expomar. com

Tanto as Xornadas Técnicas como as xornadas de nutrición e saúde mental ” Mens Sana in Corpore Sano” están promovidas pola Fundación EXPOMAR e financiadas polo GALP A Mariña Ortegal.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here