InicioCentralBurelaAs Xornadas Técnicas de Expomar 2022 abren as súas portas en Burela...

As Xornadas Técnicas de Expomar 2022 abren as súas portas en Burela entre os días 19 e 20 de maio

Como novidade este ano as conclusións tomadas durante a reunión dos representantes da frota, que terá lugar nas instalacións de Armadores de Burela entre as 10:00h e as 14:00h, faranse públicas na primeira sesión das Xornadas Técnicas, que se celebran no salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela desde as 16:30h

Publicada o

- Advertisement -

A 23ª edición do Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras abre este xoves pola mañá o programa de actividades de Expomar 2022, que reúne de novo ás entidades máis representativas da frota galega e ás asociacións profesionais do sector pesqueiro a nivel nacional para debater acerca dos principais problemas que afronta o sector pesqueiro.

Como novidade este ano as conclusións tomadas durante a reunión dos representantes da frota, que terá lugar nas instalacións de Armadores de Burela entre as 10:00h e as 14:00h, faranse públicas na primeira sesión das Xornadas Técnicas, que se celebran no salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela desde as 16:30h

A 29ª edición das Xornadas Técnicas Expomar mantén o seu formato clásico aberto ao público de forma presencial, aínda que tamén se poderán seguir online desde a web www.expomar.com.

A conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana, inaugurará o evento acompañada polo presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, Alfredo Llano; o presidente da Federación Nacional de Confrarías, Basilio Otero; o presidente do Galp A Mariña-Ortegal, Javier Martínez; e a concelleira de Mar de Burela, Carmela López.

A primeira xornada titúlase “Xestión pesqueira e mercado europeo” e contará coas intervencións de Javier Garat, secretario xeral de CEPESCA e presidente de Europêche; Ignacio Gandarias Serrano, director xeral de Ordenación Pesqueira e Acuicultura do MAPA; Daniel Voces, director de Europêche; e Pedro Reis, secretario do Consello Consultivo de Mercados MAC. Esta primeira sesión estará moderada polo secretario xeral do Comité Consultivo de Pesca de Augas Afastadas LDAC, Álex Rodríguez.

A segunda xornada celébrase baixo o título “Sustentabilidade, saúde e comportamentos de compra” e contará coas intervencións de Cristina Cucullo, mánager da área de consumidor de KANTAR; Gumersindo Feijoo, vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela; e Guillermo Aldama, cardiólogo do CHUAC, membro da Sociedade Española de Cardioloxía e da Fundación Española do Corazón. Esta segunda sesión estará dirixida pola secretaria adxunta de CEPESCA, Rocío Béjar.

A clausura das Xornadas Técnicas 2022 correrá a cargo da secretaria xeral de Pesca Marítima do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Alicia Villauriz, que estará acompañada do presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, Alfredo Chairo; o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé; a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez; e Narciso González en representación da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

As Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial están promovidos pola Fundación Expomar, en colaboración coa Deputación de Lugo e a Autoridade Portuaria de Ferrol San Cibrao, e financiadas polo GALP A Mariña Ortegal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...