InicioCentralBurelaO BNG presenta na xunta de portavoces de Burela as propostas que...

O BNG presenta na xunta de portavoces de Burela as propostas que lle achegou ACIA

Os nacionalistas cren que problemas como o do mercado terían solución cun Plan de Urbanismo que levan anos propoñendo.

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Burela presentou na xunta de portavoces do Concello unha petición coa que se debateron as demandas que fixo chegar a ACIA ós grupos políticos. Segundo o voceiro nacionalista, Mario Pillado “fixemos a proposta de situar o mercado semanal nas prazas posto que nos parece, de ser factible a nivel técnico, a solución que se pode adaptar mellor a tódalas partes polo menos a nivel provisional ata que se atope unha situación definitiva”.

Pillado seguiu expresando que “neste senso cremos que se o goberno local tivese aprobado un Plan de Urbanismo, Humanización e Mobilidade que desenvolva o PXOM, e se tivese en consideración a localización do mercado no mesmo evitaríamos unha problemática que xa ven de vello. Non se pode deixar a ordenación dunha vila como Burela á improvisación, como se ven facendo neste concello desde hai anos”

Por outra banda, o voceiro do bloque sinalou que “é unha mágoa que se celebre unha xuntanza deste tipo entre os representantes públicos e sexa tan complicado chegar a acordos. Se xa é difícil entenderse, complícase mais se a actitude coa que comparecen as partes é contraria ó diálogo. Mais tendo en conta a situación política que temos en Burela, semella que hai quen, despois de tres anos, aínda non o entende…ou ó mellor é que non hai intención de acordar nada.”

Finalizou Pillado dicindo que “pola nosa banda imos seguir insistindo en que haxa un consenso para solucionar o problema, no pleno ou onde faga falla. Para nos é fundamental, aínda que teñamos que facer concesións, que se poda chegar a solucións comúns para a veciñanza posto que, aínda que ó mellor hai a quen se lle esquece, é a nosa obriga como representantes públicos”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...