O alcalde de Burela participa na Xornada Divulgativa do Bonito celebrada na localidade gaditana de Tarifa

A intervención telemática de Alfredo Llano xirou entorno a tres aspectos fundamentais: a divulgación das cualidades do Bonito de Burela, a defensa dunha pesca sostible e a repercusión gastronómica, cultural e turística do produto.

Momento da intervención do presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano. AXM

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, participou esta mañá na Xornada Divulgativa do Bonito celebrada en Tarifa xunto co seu homólogo no lugar, Francisco Ruiz, o Secretario Xeral da OPP de Burela, Sergio López, e representantes da Cofradía de Pescadores e da Asociación Gastronómica de Tarifa.

A intervención telemática de Alfredo Llano xirou entorno a tres aspectos fundamentais: a divulgación das cualidades do Bonito de Burela, a defensa dunha pesca sostible e a repercusión gastronómica, cultural e turística do produto.

“Para Burela o bonito foi un factor clave de desenvolvemento a nivel socioeconómico, cun porto pesqueiro dos máis importantes do Cantábrico, unha Feira do Bonito recoñecida de interés turístico nacional, e un barco museo sobre o mar que recolle toda a historia mariñeira dos boniteiros na comarca”, salientou Llano.

“Compartimos con Tarifa a defensa do noso produto, que divulgaremos en conxunto co Atún Rojo, promovendo unha ruta gastronómica que de seguro terá aínda máis repercusión no plano cultural e turístico”, explicou o rexedor en alusión á iniciativa da ruta que se establecerá entre Burela e Tarifa para divulgar as cualidades do bonito.

Ademais, o alcalde de Burela puxo en valor “os métodos de pesca sostible empregados nas nosas costas, unhas prácticas respectuosas co medio que supoñen un distintivo irrenunciable e co que institucións e sector pesqueiro estamos fondamente comprometidos”.

Nesta xornada tamén se fixo unha análise da situación actual do sector, con representación de organismos públicos e privados, que abordaron a arte da pesca e o seu entorno como fonte de produtos turísticos, finalizando con showcooking e unha degustación.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here