InicioCentralBurelaEXPOMAR e Cabo Verde asinan acordos para reforzar vínculos durante a Feira...

EXPOMAR e Cabo Verde asinan acordos para reforzar vínculos durante a Feira Navalia en Vigo

Segundo o xerente de Expomar, José M. González 'Brais', “os resultados foron altamente positivos, pois moitos expositores que participaron na última edición da nosa feira xa confirmaron a súa presenza en 2023, e outras empresas que nunca expuxeron en Burela si amosaron moito interese en estar presentes nesta nova edición”.

Publicada o

- Advertisement -

A xuntanza con representantes das feiras de Burela e Cabo Verde foi a primeira acción do novo director xeral de Pesca de Galicia, Antonio Basanta. O xerente da Fundación Expomar, José M. González ‘Brais’, aproveitou o marco da Feira de Navalia, que tivo lugar en Vigo esta semana, para celebrar unha reunión de traballo con unha delegación da Misión comercial da Cámara de Comercio de Barlovento (Cabo Verde).

Na reunión estivo acompañado polo novo director xeral de Pesca de Galicia, Antonio Basanta, ata agora xefe de gabinete da Consellería do Mar. A xuntanza coas feiras de Burela e Cabo Verde foi a primeira acción de Antonio Basanta no seu novo cargo, no que sustitúe a Mercedes Rodríguez.

A misión comercial caboverdiana estivo encabezada por Gil Costa, secretario xeral da Cámara de Comercio do Norte de Cabo Verde, e Angélica Fortes, administradora delegada da Feira Internacional de Cabo Verde – Fic.

Ademais de reforzar os vínculos xa existentes coas entidades portuarias caboverdianas, durante esta xuntanza tratouse a próxima participación da Consellería do Mar da Xunta de Galicia na Feira Expomar de Cabo Verde, que se celebrará a finais de setembro no Porto de Mindelo. A Consellería participará cun stand propio e estase estudiando a posibilidade de levar unha misión comercial con empresas de Galicia que poidan ter intereses comerciais en Cabo Verde.

A Fundación Expomar aproveitou a estancia en Navalia para promocionar a vindeira edición da Feira Expomar, que se celebrará en Burela no mes de maio do próximo ano. O xerente da Fundación mantivo contactos tanto coa delegación caboverdiana como con distintas empresas do sector de cara á súa participación en Expomar 2023.

Segundo José M. González ‘Brais’, “os resultados foron altamente positivos, pois moitos expositores que participaron na última edición da nosa feira xa confirmaron a súa presenza en 2023, e outras empresas que nunca expuxeron en Burela si amosaron moito interese en estar presentes nesta nova edición”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...