Aberta a convocatoria do concurso de carteis para a XXXVI Feira do Bonito en Burela

A feira celebrarase durante os días 6 e 7 de agosto e contará co apoio do Concello de Burela, empresas e institucións que habitualmente colaboran para levar adiante a Feira do Bonito.

Feira do Bonito. RTVE

A Sociedade Cultural Ledicia de Burela comezou os traballos para celebrar para a XXXVI Feira do Bonito. Entre as actividades está a convocatoria para o deseño do cartel desta nova edición.

A feira celebrarase durante os días 6 e 7 de agosto e contará co apoio do Concello de Burela, empresas e institucións que habitualmente colaboran para levar adiante a Feira do Bonito.

Xunto a isto, Ledicia lembra o inicio das festas patronais de Burela este pasado venres e “aproveitando este momento de gran movemento de persoas publicanse as bases do concurso de carteis, tratando de chegar ás mentes creativas que hai no pobo e tamén ás moitas que nos visitan”.

BASES CARTEIS 2022

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here