InicioCentralBurelaBurela participa na 44 Edición da Semana Verde de Silleda prensentando os...

Burela participa na 44 Edición da Semana Verde de Silleda prensentando os principais atractivos do concello

A Feira do Bonito de Burela terá un lugar especial na promoción da vila, declarada Festa de Interese Turístico Nacional no ano 2019. Unha tradición lonxeva que cumpre máis de 30 anos despregando no peirao de Burela un evento gastronómico único na primeira fin de semana de agosto.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela estará presente na Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, que se recupera tras a pandemia e abre hoxe as súas portas na 44 edición. Preto de 700 expositores e máis de 200 firmas de 24 países participarán no recinto ferial Abanca, no Concello de Silleda, ata este domingo.

Burela ten o seu espazo cun stand no que se dará promoción da vila, un privilexiado balcón ao Cantábrico que destaca pola importancia do seu porto a nivel socioeconómico, pola súa afamada gastronomía co bonito de Burela e a merluza do pincho, as súas paisaxes de mar e montaña, a xeoloxía que a converte nun lugar único a nivel patrimonial, o barco boniteiro “Reina del Carmen”, un auténtico museo sobre o mar, así como eventos destacados no calendario como as súas festas patronais coa tradición das alfombras florais temáticas ou a feira náutico-pesqueira de Expomar.

Ademais, a Feira do Bonito de Burela terá un lugar especial na promoción da vila, declarada Festa de Interese Turístico Nacional no ano 2019. Unha tradición lonxeva que cumpre máis de 30 anos despregando no peirao de Burela un evento gastronómico único na primeira fin de semana de agosto, maridado con degustacións e música tradicional. Unha verdadeira exaltación gastronómica para degustar o famoso túnido nas especialidades típicas, como a empanada, o cocido ou asado á grella.

En palabras do concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, “aproveitamos unha vez máis a oportunidade que brinda esta feira internacional de dar a coñecer todo o bo que ten Burela, que é moito, non só a nivel cultural, patrimonial e gastronómico, senón tamén para visibilizar valores que atravesan todas as nosas tradicións, como a pesca sostible, o respecto aos ecosistemas mariños e a aposta decidida por un mundo verde”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...