InicioCentralBurelaJosé Manuel González, xerente de Expomar: "Presentamos xunto con outras organizacións do...

José Manuel González, xerente de Expomar: “Presentamos xunto con outras organizacións do Estado un proxecto ambicioso que é o turismo pesqueiro”

En 1991 a Asociación de Comerciantes de Burela fixo a primeira Feira de Mostras e aí viron que o sector náutico-pesqueiro era o que tiña maior potencial dentro da localidade. Por ese motivo o 22 de maio de 1998 é cando nace a Fundación Expomar. O actual xerente, José Manuel González "Brais", ve necesario "agradecer a todas as persoas que formaron parte do padroado durante todos estes anos e á anterior xerencia e o seu equipo, porque deixaron todo moi asentado e así foi doado continuar o seu labor".

Publicada o

- Advertisement -

-Hai pouco que se celebraron as XXIX Xornadas Técnicas de Expomar ademais dunhas conferencias sobre o beneficio do consumo de peixe na saúde mental. Isto fai pensar en cales foron os obxectivos do nacemento de Expomar.

O obxectivo da Fundación Expomar, tal como figura nos seus estatutos é a promoción re desenvolvemento do sector náutico-pesqueiro. Promoción, formación, información, a actualización de coñecementos e avances tecnolóxicos. Isto fai que nos metamos cada vez máis na relación entre o consumo e saúde e como inflúe nesta relación o consumo do peixe.

-Cales son os principais elementos que quere resaltar Expomar para a promoción do peixe fresco.

As principais virtudes que buscamos destacar son os beneficios sanitarios que ten o consumo de peixe. Tal e como din os especialistas, a concentración de Omega 3 axuda no crecemento infantil, é bo para a saúde psíquica e á parte, estamos falando dunhas pescas altamente selectivas que case non deixan pegada de carbono, algo que nos interesa cumprir na actualidade.

Todo o sector que vive e está relacionado co mundo do mar está representado no padroado da Fundación

-Como vos gustaría potenciar a concienciación na sociedade dos beneficios do consumo de produtos do mar?

Tendo en conta que a Fundación Expomar ten máis de vinte e oito anos consideramos que estamos moi interiorizados na sociedade da Mariña. Isto vese coa colaboración de toda a sociedade mariñá en todas as actividades que realizamos vivíndoas con nós. Dentro da Fundación están representados a maioría dos sectores sociais da comarca, desde o Concello de Burela, Asociación de Armadores e moitas máis organizacións. Todo o sector que vive e está relacionado co mundo do mar está representado no padroado da Fundación.

-Despois das Xornadas cales son as actividades que realizará Expomar para datas recentes?

Pasada a pandemia, o certo é que se nos acumula o traballo na Fundación Expomar. Viñemos de rematar a nosa presenza na Feira Internacional de Pesca que se fai en Navalia, en Vigo. Estamos organizando unha nova edición da Feira de Produtos Artesáns e Ecolóxicos do Mar que coincidirá coa Feira do Bonito durante a primeira fin de semana de agosto en Burela. Esta feira pretende dar un impulso aos nosos artesáns ecolóxicos e tamén á nosa Feira do Bonito, declarada de Interés Turístico Nacional.

As principais virtudes que buscamos destacar son os beneficios sanitarios que ten o consumo de peixe

-En relación co bonito, por que se reduciu o número de barcos boniteiros en Burela?

Aí xa falamos dun cúmulo de factores. A cota de pesca que teñen os barcos, o prezo do bonito e a rendibilidade doutras especies que, durante a época do bonito, son máis rendibles que o túnido.

-Como e por que nacen as xornadas “Mens Sana In Corpore Sano” sobre os beneficios do consumo de peixe?

Estas xornadas naceron do contacto que desde a Fundación Expomar temos coas diferentes asociacións de saúde mental da Mariña, como a Asociación de Alzheimer de Burela ou Asociación Saúde Mental da Mariña. En varias xornadas ás que asistimos, algúns especialistas apuntaban que o consumo de peixe poden reducir a incidencia de certo tipo de doenzas mentais. Falando con especialistas e as organizacións de saúde mental da comarca quixemos desenvolver este tipo de actividade. Así aunabamos a saúde e a comercialización do peixe.

-Logo están as actividades artísticas en centros de ensino, cal é o papel de Expomar nestas accións?

Temos claro que o futuro da pesca e o da comarca está na xente nova. Desde Expomar queremos levarlles a riqueza do mar tanto a nivel social como a nivel económico e para iso organizamos obradoiros e conferencias para fomentar que lle collan cariño a un sector tan importante como é a pesca para todos nós. No ano 2020 fixemos unha edición Os Bolechas e o Mar, onde explicaban as artes do mar, os postos de traballo en estaleiros, redeiras, especies de mar, en definitiva que os máis novos visen a riqueza que teñen tan perto e que ignoramos. Entón fixemos un libro cos míticos Bolechas, onde se conta o que se fai no porto de Burela e xuntámolo cunha guía didáctica para os máis pequenos e actividades que aparecen no libros.

-No mes de maio houbo unha reunión entre empresarios do sector pesqueiro. Que temas se abordaron nesta xuntanza?

Primeiro, as principais conclusións poderiamos dicir é que a pesca é un sector esencial, senón que é importantísimo económica e socialmente para toda a comarca. Analizamos algúns puntos da nova lei de pesca e logo houbo unha conferencia coa dirección xeral de Pesca do Ministerio. Espuxéronse os motivos por que era así esta lei, que factores se observaron para que se traballe como está previsto e por parte dos armadores mirouse a posibilidade de mellorar algúns aspectos. Isto traballando xuntos, sector pesqueiro coa administración.

Temos claro que o futuro da pesca e o da comarca está na xente nova Desde Expomar queremos levarlles a riqueza do mar tanto a nivel social como a nivel económico

-Que se traballa durante as xornadas máis técnicas?

Nesta XXIX Edición tratáronse dous temas. Na edición de 2022 un dos bloques foi a xestión pesqueira e o mercado europeo. O outro foi a sustentabilidade e a saúde do comportamento de compra. Quixemos ver como estaba a xestión dentro do mercado europeo para seguir coa actividade pesqueira e por outra parte, observar a saúde e seguridade no consumo de peixe e analizar os comportamentos de compra da sociedade española. Por outra parte, quixera dicir que a Fundación Expomar presentou, xunto con outras institucións do resto do Estado, un proxecto de turismo mariñeiro do que estamos pendentes de resolución. É un proxecto ambicioso para poñer en valor o sector do mar.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...