- Advertisement -
O Concello de Burela celebrará este martes ás 18:00 a presentación oficial da Copa de España Juvenil de Fútbol Sala.
Ao evento acudirán por parte do Concello o alcalde, Alfredo Llano, e o edil de deportes, Ramiro Fernández, así como Pablo Prieto do Comité Nacional de Fútbol Sala (RFEF); Carlos Méndez, vicepresidente da Real Federación Galega de Fútbol; Manuel Otero, xefe territorial de Deportes da SXD en Lugo e Manuel Blanco, presidente do Pescados Rubén de Burela FS.